Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 23 de xuño

18.00 h
Saída do pazo do Faramello, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, participa na primeira excursión organizada polo grupo Área Santiago.

19.30 h
Na Zona C, 'Lampíricos' performance e acción de Antón Lopo. Palabra e luz. Corpo e poesía. Espazo e atmósfera en Teatro&Danza.

21.00 h
No campo da festa da Peregrina, os concelleiros asisten á cacharela organizada pola asociación de veciños Río Sarela. Ás 21.30 h, o concelleiro Francisco Noya asiste á cacharela organizada pola asociación de veciños Nova Xeira, en Figueiras, e ás 22.30 h, asisten á de Pelamios.

Compartir: