Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 22 de xuño

11.00 h
Na Granxa do Xesto, "pesca sen morte na granxa do Xesto" dentro do programa previsto por Vive o Verán 2013. Asiste o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya.

19.00 h
En Xoán XXIII, saída da segunda carreira do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. Asiste o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

19.00 h
No Salón Teatro, VII Gala da diversidade de ABAGAL.

20.00 h
No Teatro Principal, a Comisión de Corais Compostela actúa con motivo do Día Europeo da Música.

20.00 h
No campo da festa de Amio, a concelleira Amelia González asiste á sardiñada organizada pola Comisión de Festas de San Félix de Afora.

20.30 h
Na Zona C, 'Lampíricos' performance e acción de Antón Lopo. Palabra e luz. Corpo e poesía. Espazo e atmósfera en Teatro&Danza.

Compartir: