Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 20 de xuño

9.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Resolución de reclamacións e aprobación definitiva, se procede, do orzamento e cadro de persoal para o ano 2013.

11.00 h
No CEIP Apóstolo Santiago, as concelleiras de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Educación, María Castelao, participan na lectura do Conto Viaxeiro, unha vez rematado o programa. O conto editado enviarase aos catro centros participantes: San Pelayo, Vite, Rodríguez Xixirei e Apóstolo Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, sobre o remate do programa "Cultura Viva, Fai túa Compostela", que desenvolve este sabado 22 a última das rutas didácticas.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
No Salón Verde, Turismo de Santiago, a Asociación de Hostalería e a Cámara de Comercio asinan un convenio coa Catedral para establecer un horario de funcionamento fixo do Botafumeiro. Preside o alcalde compostelán, Ángel Currás.

19.00 h
No CERSIA, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, participa na última sesión das xornadas Os Xoves Emprende, que baixo o título "Métodos de internacionalización e investigación de novos mercados" contará coas conferencias de Fernando Picón, socio director de OBZ Consulting; Adrián Domínguez, novo emprendedor en mercados internacionais; e o vicerreitor de Internacionalización, Victor Millet.

19.00 h
No Teatro Principal, Oswaldo Digón presenta 'Diálogos en 3D' o único espectáculo teatral onde se pode ter o móbil aceso e onde o público poderá ser partícipe do devir da obra. Peche de temporada do 'Falabaratos'.

20.00 h
Na Fundación Granell, as concelleiras Rebeca Domínguez e Amelia González, asisten á inauguración das exposicións "El perfil roto" e "Desorde".

20.15 a 22.00 h
No CSC da Trisca (Corredoira das Fraguas, 92), grupo de traballo participativo "Mellora das prácticas comerciais", dentro do programa "San Pedro para vivir, San Pedro para traballar. Locais comerciais libres: unha oportunidade", organizado pola Concellería de Comercio.

20.30 h
Na Zona C, 'Lampíricos' performance e acción de Antón Lopo. Palabra e luz. Corpo e poesía. Espazo e atmósfera en Teatro&Danza.

Día Europeo da Música
18.00 h Praza do Toural
Concerto do profesorado do Seminario de Música Tradicional da Escola Municipal de Música
19.00 h Concertos no Casino de Santiago
"Os pequenos músicos" da Escola Municipal de Música
O alumnado do curso de iniciación ao instrumento para nenos/as de 3 a 7 anos interpretará as pezas máis significativas do repertorio musical
19.45 h "Música e nenos"
O alumnado máis novo da Escola Municipal de Música interpretará as pezas máis significativas do repertorio musical.

Compartir: