Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 19 de xuño

11.00 h
No CSC de Conxo, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais e de Participación Cidadá, Francisco Noya, para presentar o programa da festa de San Xoán 2013, xunto coa Coordinadora das Festas Tradicionais de Conxo, integrada polas entidades socioculturais do barrio. Este colectivo creado no 2011 e que aglutina a asociación de veciños, culturais e equipamentos socioculturais públicos con base de actuación no barrio, ten como obxectivo o traballo conxunto de planificación, elaboración e desenvolvemento das festas tradicionais de Conxo. Na rolda tamén se presentará a imaxinería na queima da lumieira de San Xoán.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, para presentar o V Encontro interxeracional de xadrez que se desenvolverá en Fontiñas o día 21 de xuño. Asisten Dan Cruz e Julio González, galegos finalistas no concurso Los increíbles, e o responsable do CSC das Fontiñas, Suso Carballeiro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Mar Martín e de Gonzalo Diz, responsable do colectivo LGBT da agrupación socialista de Santiago.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

13.45 h
No CEIP Ramón Cabanillas, a concelleira de Educación, María Castelao, visita o comedor escolar do centro, incluído no programa de conciliación escolar de comedores que entrou en funcionamento nesta lexislatura.

19.00 h
Na Praza da Quintana, peche do VI ciclo 1906 de Jazz, con Marcos PIn Factor E-Reset. Longa vida ás big bands!!!!. Entrada de balde. Pase prevío de prensa ás 12.00 h.

19.15 h
Na Casa do Concello, o concelleiro Francisco Noya recibe os participantes no 2º Congreso Internacional IWODA 2013.

Día Europeo da Música
18.00 h Praza do Toural
Concerto do profesorado do Seminario de Música Tradicional da Escola Municipal de Música
19.00 h Concertos no Casino de Santiago
"Os pequenos músicos" da Escola Municipal de Música
O alumnado do curso de iniciación ao instrumento para nenos/as de 3 a 7 anos, interpretará pezas máis significativas do repertorio musical
19.45 h "Música e nenos"
O alumnado máis novo da Escola Municipal de Música interpretará pezas máis significativas do repertorio musical.

Compartir: