Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 15 de xuño

9.30 h
RUTA MICOLÓXICA. Saída en coches do Centro Sociocultural de Conxo. Duración aproximada da ruta: 3 horas. Dificultade baixa. Prazas limitadas, previa inscrición
17. 00 h
No CSC de Conxo, conferencia impartida por José María Costa Lago baixo o título DISCOMYCETES: Operculados e inoperculados.

11.00 h
Dende a igrexa do Carme de Abaixo, saída do roteiro "Polas ribeiras do Sarela", percorrido polo camiño do río, atopando restos do pasado industrial que hai séculos transformou a cidade. Dentro do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela", promovido polas concellerías de Centros Socioculturais e Participación Cidadá.

Desde as 12.30 h (todo o día)
No Parque de Belvís, Romaría Pop (segunda edición), actividades para os máis cativos (obradoiros, pequemúsica, etc) e para todo o público concertos que amosarán o mellor da música independente galega. Entrada de balde, en Verán na Rúa.

14.47 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe a SAI o príncipe herdeiro de Xapón, Naruhito, que asinará no Libro de Ouro. O alcalde acompañará á Súa Alteza Imperial en toda a súa estadía en Santiago. (ATENCIÓN: a visita cubrirase a través dun pool de medios. Ningún medio a maiores poderá acceder ao interior do Pazo de Raxoi, seguindo instrucións da Embaixada de Xapón. Colgaranse as imaxes na páxina web municipal.)

19.00 h
O concelleiro de Relacións Veciñais, Francisco Noya, asiste á sardiñada organizada pola asociación de veciños de Pontepedriña de Arriba (Torreira).

21.00 h
No Teatro Principal, Finalísima do primeiro Campionato de Improvisación Teatral Galego. Funcións irrepetibles, comedia, creación en directo. Interactuación total, os improvisadores crean historias a partir das propostas do público en Teatro e Danza.

21.30 h
Os concelleiros Francisco Noya e María Castelao asisten á sardiñada organizada pola asociación de veciños A Xunlla de Laraño (Escola de Reibo).

22.00 h
O concelleiro de Relacións Veciñais, Francisco Noya, asiste á sardiñada organizada pola asociación de veciños de Villestro (na carballeira, a carón do CSC).

Compartir: