Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 10 de xuño

9.30 h
No Salón Verde, as concelleiras de Xuventude e Benestar Social, Rebeca Domínguez e María Castelao, manteñen unha reunión cos representantes da entidade Igaxes3 sobre o programa de voluntariado. Haberá declaracións aos medios ás 10.30 h.

11.00 h
No Centro de Hostelería (Rúa Salvadas, 29 baixo. Vista Alegre), a concelleira de Educación, María Castelao, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do CAMPUS COCIÑA INFANTIL COMPHOSTELERÍA.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, sobre os últimos acordos adoptados polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto co concelleiro de Seguridade Cidadá, Luis Bello, recibe os novos mandos da Policía Local unha vez concluído o curso de formación na Academia Galega de Seguridade (dous inspectores principais, catro inspectores e dous oficiais).

Compartir: