Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 7 de maio

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Mar Martín, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello (Salón Vermello), ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto co concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar a Volta Ciclista á Ascensión.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, para informar dos acordos da Comisión asesora do Casco histórico.

13.00 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe a representantes do clube de tenis de mesa Arteal. Estará acompanado polo concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

18.00 h
No Teatro Principal, o Conservatorio Profesional de Música de Santiago, Orquestra xuvenil e Banda xuvenil ofrecerán un concerto enmarcado no programa das Festas da Ascensión.

19.00 h
No Salón Vermello, recepción ao Club de Patinaxe Campus Stellae.

20.00 h
No Salón Vermello, recepción ao consello executivo de CIRCOM (European Association of Regional Television).

20.30 h
Na sala Capitol, a nova banda do compostelán Marcos Coll, os MIGHTY CALACAS presentarán o seu primeiro disco 'HOT PELUCHO SOUNDS'.

Compartir: