Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 31 de maio

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Relacións co Medio Rural, Francisco Noya, e do concelleiro Luis Meijide, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, participa na entrega de premios do concurso de redacción en galego ¨Falemos da nosa historia¨.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo muncipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo muncipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
No albergue de Xoán XXIII, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, clausura os obradoiros organizados polo equipo de dinamización Urbana Santiago Norte.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, María Castelao, para presentar dous programas educativos para rapaces que abandonan os estudos.

13.00 h
No Cersia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira Reyes Leis, asisten ao acto de entrega de diplomas de accións formativas de hostelería para desempregados.

16.00 h
No Hotel San Francisco, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste á Xornada contra a trata de mulleres que organiza Vagalume.

19.00 h
No Salón Vermello, recepción aos participantes no Seminario de aspectos xurídicos internacionais.

21.00h
No Teatro Principal Albert Pla presenta 'Manifestación' un espectáculo que xira arredor da historia dun home atrapado nunha manifestiacón eterna, en Íntimo&Acúsitico.

21.30 h
No local social de Enfesta, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese cos representantes de Ferusa. Asisten tamén os concelleiros Francisco Noya, María Pardo, Luis Meijide e José María Rosende.

Compartir: