Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsión informativas para o xoves 30 de maio

10.00 h
En Área Central, a concelleira de Economía, Reyes Leis, asiste á apertura da III Edición de Getting Contacts. Tralo acto de apertura (10.30 h) haberá declaracións aos medios por parte da concelleira Reyes Leis, a secretaria xeral da Federación galega de xoves empresarios, Carmen López, e do xerente de Área Central, Juan Carlos Losada.

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o director do CEIP de Fontiñas, Santiago Conde, con motivo da celebración do 20 aniversario do centro.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos sindicatos municipais.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, María Castelao, para presentar o VIII Certame de Danza Intercentros.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do día 25 de abril de 2013.
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 25 de abril de 2013.
3. Proposta da Alcaldía de aprobación de denominación de praza.
4. Aprobación inicial da ordenanza reguladora do servizo municipal de axuda no fogar do Concello de Santiago de Compostela.
5. Aprobación inicial dos Estatutos da Asociación de Concellos do Camiño de Santiago e adhesión do Concello de Santiago á devandita asociación.
6. Aprobación dos Estatutos da Rede española de Cidades Intelixentes (RECI).
7. Modificación orzamentaria de crédito extraordinario 2013-CREXT-32, para reposición de cableado do alumeado público como consecuencia de furtos.
8. Dar conta de aprobación definitiva do plan de emerxencia municipal do Concello de Santiago de Compostela.
9. Solicitude de compatibilidade para actividade pública secundaria de profesor asociado, do voceiro do grupo municipal socialista, Don Francisco Reyes Santiás.
10. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa á defensa do partido xudicial de Santiago.
11. Proposición do grupo municipal do BNG relativa á creación dun programa de loita contra a pobreza.
12. Designación de conselleiros na empresa municipal INCOLSA.
13. Dar conta de persoamentos, sentenzas e outras incidencias en recursos contencioso-administrativos.
14. Dar conta de acordo da Xunta de Goberno de solicitude da adhesión do Concello de Santiago á Asociación Rede CIVINET España e Portugal.
15. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
16. Rogos e preguntas.
17. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.00 h
Na Praza da Quintana, a Banda Municipal de Música, dirixida por X. Carlos Seráns, ofrecerá un concerto.

21.00 h
No Teatro Principal, 'Viaxe a ningunha parte', sobre unha novela de Fernando Fernán Gómez que Sarabela Teatro adapta con auténtica paixón, no ciclo Teatro&Danza.

21.00h
No Auditorio de Galicia concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Ivor Bolton, no que se interpretan obras de Beethoven, Hindemith, Stravinski e Haydn, no Programa de Abono.

Compartir: