Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 25 de maio

A partir das 9.00 h
No pavillón de Vite, V Campionato de España de Hockey a patíns feminino sub-16.

9.45 h
Na Praza do Obradoiro, un grupo de participantes no desfile de Star Wars farán unha visita á cidade no tren turístico.

11.00 h
No CSC As Fontiñas, remata a actividade de animación á lectura que se veu desenvolvendo durante todo o mes de maio en 15 dos Centros Socioculturais co título "Letras na Corda"

11.00 h
Da Casa das Asociacións de Cornes, saída da ruta Parroquias II: Villestro , Figueiras e A Peregrina dentro do programa Compostela Viva: Fai túa Compostela.

12.00 h
Na Galería Sargadelos, a concelleira de Educación, María Castelao, asiste á sesión especial de contos e música para as familias, no marco da Clausura da XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura. Entrada libre e de balde ata completar aforo.

14.00 h
No IES As Fontiñas, encontro anual de Celíacos de Galicia.

17.00 h
Na praza Roxa, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, visita os obradoiros e actividades programadas con motivo do Día da Familia. Programa:
16.00 a 21.00 h:Inchables, obradoiros para nenos e nenas de broches, chaveiros, mandís, bolsas...
18.30 a 19.30 h: Contacontos "A miña mamá contoume"
Mesas informativas de asociacións e entidades de iniciativa social.

18.00 h
Comezo do desfile de Star Wars no Instituto Xelmirez I.

19.30 h (hora estimada)
Chegada do desfile á Praza do Obradoiro e discurso conmemorativo e homenaxe a Constantino Romero.
O programa completo do evento pode verse en:
http://imperialstormtroopers.es/es/cuando/

Compartir: