Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 23

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presenta o Campionato de Hóckey feminino coa presidenta do Club de Hockey Compostela, Pilar Losada.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside o acto de entrega dos Premios ao comercio compostelán 2013.

12.30 h
Na Casa do Concello, a segunda tenente de alcalde, Amelia González, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

12.30 h
No Parque de Bombeiros (estación de autobuses), os Bombeiros de Santiago fan entrega á Cruz Vermella de roupa e xoguetes que recolleron de forma benéfica.

16.00 h
En Santander (no palacio da Magdalena), a concelleira de Urbanismo, María Pardo, asiste á Asemblea xeral da Red Civitas España-Portugal.

16.00 h
En Palencia (Teatro Principal), a concelleira de Educación, María Castelao, participa no VIII Encontro Thao de saúde infantil.

19.00 h
No CSC do Ensanche, nova sesión do programa de emprendemento e promoción do emprego O Xoves Emprende. A primeira ponencia (17.00 h) correrá a cargo de Guillermo Viña, xerente de Igapenova. A segunda ponencia (19.00 h) será impartida polo director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, e presentada pola concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía e o pianista Kirill Gerstein dirixidos por Jean-Jacques Kantorow, no Programa de Abono.

21.00 h
Na Zona C, Aaron Thomas preséntanos o seu recentemente editado novo traballo: "The Blues and Greens", en Íntimo&Acústico.

Compartir: