Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 17 de maio

A partir das 10.00 h
No pavillón de Vite, Torneo Hóckey solidario Cociña Económica, organizado polo Hóckey Club Raxoi en colaboración coa Concellería de Deportes.

11.00 h
Na rúa Vista Alegre, número 43, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, coloca unha placa en homenaxe a Roberto Vidal Bolaño na casa onde naceu.
Programa:
- Descuberta da placa
- Intervencións de Xesús Alonso Montero, presidente da RAG; o alcalde de Santiago, Ángel Currás; e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
- Himno galego a cargo da Banda Municipal

11.00 h
Na praza do Toural (en caso de choiva dentro da Fundación Granell), actividades con motivo do Día das Letras Galegas dentro do programa " En galego con todas as Letras", organizado pola Concellería de Normalización Lingüística.
- Fotocol "Gústame o Galego" de 11 h a 14 h e de 17 h a 20 h (pola tarde, en caso de choiva esta actividade trasladarese ao Auditorio)
- Entrega de Agasallos dos gañadores de "crea un lema gústame" ás 13.45 h. Asisten as concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Educación, María Castelao.
- Obradoiro "Renova a tua Camisola" con Vidal Bolaño de 12 h a 14 h (adicado a nenos/as).
- Concerto de Pablo Díaz con TIC TAC ás 19 h. (No Auditorio).

12.00 h
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste ao acto con motivo do Día das Letras Galegas organizado pola Real Academia Galega.

21.00 h
No Teatro Principal e con motivo da programación especial Día das Letras Galegas, Teatro do Aquí presenta 'Criaturas' de Roberto Vidal Bolaño.

Compartir: