Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 15 de maio

10.30 e 12.30 h
Na Zona C, no Programa Didáctico dirixido a escolares, 'Xan Perillán e a maleta máxica' cos Monicreques de Kukas.

10.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a xerente do Consorcio, María Antón, asisten á presentación do libro de Roberto Vidal Bolaño, Doentes.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Emprego, Reyes Leis, para presentar o Premio Emprende Compostela, organizado polo Concello e a Asociación de Jóvenes Empresarios de A Coruña. Na rolda tamén estarán Óscar Valcuende, presidente de AJE A Coruña; Carmen José López, coordinadora de AJE Santiago; e David Carro, director general de DCM e patrocinador do premio.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar "Decabike. O día da bicicleta de Decathlon". Na rolda tamén estará a directora do centro de Santiago, Isabel Rodríguez.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

19.30 h
En San Domingos de Bonaval, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á homenaxe a Rosalía de Castro. O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela homenaxea a figura de Rosalía de Castro cun concerto especial con motivo do 150 Aniversario da publicación de Cantares Gallegos. A Concellería de Normalización Lingüística súmase a esta iniciativa, que incluirá tamén unha ofrenda floral antes do concerto a cargo de alumnos do Conservatorio e do IES Rosalía de Castro.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Andrea Lucchesini interpreta dúas sonatas de Beethoven e Encores/Sonatas de L. Berio e D. Scarlatti, pechando o V Ciclo de Piano Ángel Brage.

21.00 h
No Teatro Principal, Joshua Redman Quartet no VI ciclo 1906 Jazz.

Compartir: