Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 9 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo e Economía, Reyes Leis, sobre asuntos da súa área.

11.15 h
No Salón Vermello, a concelleira de Educación, María Castelao, recibe un grupo de 15 alumnos e alumnas do instituto Grimmelshausen Gymnasium, de Gelnhausen (Alemaña), que están a realizar un intercambio co IES Rosalía de Castro.

11.30 h
No Salón de Actos do Edificio Cersia (San Lázaro), a concelleira de Turismo e Economía, Reyes Leis, inaugura o Foro Aeroportuario de Galicia-Norte de Portugal, actividade organizada dentro do programa Santiago Investors Support, en colaboración co Concello.

12.00 h
En Benestar Social (Galeras), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, reúnese coa Asociación Red Madre.

Compartir: