Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 7 de abril

12.00 h
No Teatro Principal, a Banda Municipal e o Conservatorio Municipal de Santiago ofrecerán o concerto habitual dos domingos.

12.40 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao partido entre o Obradoiro e o Regal Barcelona. Tamén asiste o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

18.30 h
No Teatro Principal, Fantoches Baj presenta 'A Fábula galénica', títeres de luva no programa Infantil e Familiar.

19.30 h
Na Zona C, Ut- Tópico Teatro presenta 'Faust Box', a dualidade do ben e o mal. Última función.

Compartir: