Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 5 de abril

9.30 h
Na Casa da Cultura de Bertamiráns, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á final da fase comarcal do Club de debate. O equipo gañador representará a esta comarca na final, que terá lugar no Concello de Santiago de Compostela o sábado 4 de maio. O Club de Debate é unha iniciativa impulsada dende os servizos de Normalización Lingüística municipais na que participan os Concellos de Ames, Carballo, Cee, Ferrol, Pontevedra, Ourense, Rois, Santiago, Teo e Vigo.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Luis Bello, sobre asuntos da súa área.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, para presentar a liquidación do orzamento de 2012.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, para presentar o Outlet do libro galego que se inaugura o sábado na sede da Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar). Na rolda tamén estará Belén López, vicepresidenta da Asociación Galega de Editores, e Antón Pedreira, vicepresidente da Asociación de Libreiros de Santiago. Tamén asiste o responsable da comisión de promoción do libro da Asociación Galega de Editores, Xulio Amigo.

12.45 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, para presentar o concerto da Banda Municipal de Música e o Conservatorio Profesional de Santiago, acompañando de Alejandra Escolante Mujico, vicedirectora do Conservatorio, e Carlos Seráns Olveira, director da Banda.

13.00 h
No CERSIA (San Lázaro), o alcalde compostelán, Ángel Currás, saúda o xurado do VI Premio Internacional "Compostela" de Álbums Ilustrados, xunto coa concelleira de Educación, María Castelao.

17.00 h
No CSC do Ensanche, inauguración do curso de fotografía en acción organizado pola Concellería de Xuventude.

20.30 h
Na Zona C Ut- Tópico Teatro presenta 'Faust Box', a dualidade do ben e o mal.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, no Programa de Abono, a Real Filharmonía de Galicia estará acompañada polo pianista Nicolai Lugansky e dirixida por Christoph König.

Compartir: