Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 30 de abril

11.00 h
No Castiñeiriño, a concelleira de Educación, María Castelao, visita o CEIP Lamas de Abade.

11.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar 'O Kikirixote. Aventuras e desventuras dun galo de curral' e 'Xan Perillán e a maleta máxica', dos Monicreques de KuKas, títeres para o ciclo Infantil e Familiar. Na rolda estarán presentes Marcelino de Santiago e Isabel Rey, de Monicreques de Kukas.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, María Castelao, para presentar dous programas postos en marcha pola Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD).

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Emprego, Reyes Leis, para presentar o novo aplicativo web de equivalencias académicas da iniciativa Urbana Santiago Norte.

19.30 h
Na sala Mozart do Auditorio de Galicia, as concelleiras María Castelao e Rebeca Domínguez asisten ao acto de entrega dos premios do IV Certame "Deseña unha xoia para a túa nai".

19.30 h
No Teatro Principal, 'RVB 2013', a partir da obra dramática de Roberto Vidal Bolaño, con alumnos-actores de Cordelia dentro da XIV Mostra de Teatro Universitario de Galicia.

XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura
10.00 h, CEIP Vite e Sta. Apolonia (infantil e infantil/1º ciclo)
11.00 h, La Inmaculada, ed. infantil (4 e 5 anos)
12.00 h, CEIP Vite, ed. infantil (3 e 4 anos)

Previsións informativas para o sábado 30 de abril

12.00 h
Roteiro interpretativo polas Brañas do Sar, dentro das actividades do Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC).

12.30 h
Na Alameda, o segundo tenente de alcalde, Jorge Duarte, asiste á inauguración da Feira do Libro.

20.15 h
Na biblioteca do Colexio Peleteiro, o concelleiro Rafael Peña asiste á entrega do premio cadete da Copa Galicia de xadrez.

20.30 h
No Teatro Principal, Ulises e a nena durmida de Ánxela Blanco, dentro dos actos de celebración do 175 aniversario do Teatro Principal.

Compartir: