Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 3 de abril

9.00 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, participa na reunión de barrio das Fontiñas coas entidades sociais, educativas e sanitarias que traballan na zona.

11.00 h
Na Galería Sargadelos, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, participa na presentación da memoria de actividades do ano 2012 da Plataforma polo Emprego.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.15 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Persoal e Réxime Interior, Amelia González, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, para presentar a programación de Infantil e Familiar do mes de abril, acompañado por Ignacio Vilariño, director e actor da compañía Fantoches Baj, e por Pedro Pablo Patiño, director e actor de Teatro dos Ghazafelhos, que presentarán, respectivamente, dous dos eventos: 'A fábula Galénica' e 'Frankenstein'.

13.00 h
En Zarramacedo (Bando), o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Medio Ambiente, María Pardo, visitan o Refuxio de Animais.
Lugar de encontro: porta principal.

17.00 h
No Centro Sociocultural de Santa Marta, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, inaugura o curso de Xestión eficaz das redes sociais organizado pola Concellería.

Compartir: