Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 27 de abril

13.00 h
No Paseo Central da Alameda, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración da Feira do Libro.

16.30 h a 20.30 h
En Belvís, Xornada de portas abertas do Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), con actividades para todos os composteláns e compostelás que se acheguen.

18.30 h
Na piscina de Santa Isabel, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste ao segundo partido do play off final da liga galega de waterpolo entre o Club Waterpolo Santiago e o Galaico.

18.30 h
No Auditorio de Galicia 'O concerto para violoncello de Gulda' coa Real Filharmonía de Galicia con Thomas Piel, dentro do Programa Infantil e Familiar.

21.00 h
No Teatro Principal, Snakizados, comedia da fin do mundo, interpretación e autoría de Gustavo Pernas Cora (Premio Maruxa Villanueva). Dirección: Anxela G. Abalo. Dentro de Teatro&Danza.

Compartir: