Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 25 de abril

11.00 h
No Auditorio de Galicia 'O concerto para violoncello de Gulda' coa Real Filharmonía de Galiclia con Thomas Piel, dentro do Programa Didáctico dirixido a centros educativos.

11.15 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o embaixador de Uruguay en España, Francisco Bustillo Bonasso.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, María Castelao, para presentar a segunda campaña de recollida de cueiros.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

16.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Toma de posesión do cargo de concelleiro do grupo municipal do Partido Popular, Don José María Rosende Rico.
2. Liquidación do orzamento do Concello ano 2012.
3. Aprobación inicial do orzamento e cadro de persoal do Concello para o ano 2013.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 21 de marzo de 2013.
2. Aprobación inicial da modificación puntual do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) no ámbito do P-40. Rocha.
3. Toma de coñecemento da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM e do plan especial de protección e rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago (PE-1) na rúa San Miguel dos Agros, 5.
4. Resolución de alegacións, e aprobación definitiva, se procede, do cadro de persoal para o ano 2012.
5. Modificación orzamentaria de transferencia de crédito entre distintas partidas de áreas de gasto de Vías e Obras a Centros Socioculturais.
6. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, a prol do estudo e da elaboración dun plan de emprego xuvenil.
7. Dar conta de persoamentos, sentenzas e outras incidencias en recursos contencioso-administrativos.
8. Dar conta de resolucións da Alcaldía relativas a delegacións de competencias.
9. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
10. Rogos e preguntas.
11. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.00 h
Na Zona C, inauguración de 'Detenido (al pie de la loma)', intervención de Christian García Bello en colaboración co Máster de Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC. Estarán presentes o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, o artista Christian García Bello e a comisaria da intervención, Candela Rajal.

21.00 h
No Teatro Principal, Budiño presenta en Sons13, o seu novo traballo 'Sotaque'.

21.00 h
Na Sala Capitol, Triángulo de Amor Bizarro, presentan o seu novo disco 'Victoria Mística' no Compostela Rock.

Ler, contar e gozar coas letras
18.00 a 20.00 h
Na Trisca, "Letras na corda". Utilizaremos a lectura e o idioma como materia prima de referencia na creación artística, e as referencias ó autor homenaxeado nas Letras Galegas do ano 2013. A actividade levarase a termo nos centros socioculturais dun xeito cooperativo, no que se irá desenvolvendo o obradoiro dende o primeiro ó derradeiro, acumulando o traballo conseguido e expoñendo en cada centro onde se faga a actividade, deste xeito no último espazo exporase o traballo realizado no seu conxunto. Etapas da actividade:
• Deseño das letras
• Recortar as letras
• Pintar as letras
• Colgar as letras formando a frase elexida

Compartir: