Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 23 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar a Andaina dos 50 quilómetros.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, para presentar o programa "Ler, Contar e Gozar coas letras".

18.30 h
Na Cidade da Cultura (Biblioteca), o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, preside con motivo do Día do Libro unha entrega de libros aos colexios da cidade. Cada colexio recibirá un lote de 56 libros editados nos últimos anos polo Consorcio de Santiago e cuxa temática está relacionada coa historia, a arte e a sociedade de Compostela.

18.30 h
Na Galería Sargadelos, a concelleira de Educación, María Castelao, asiste á xuntanza de presentación para o profesorado da XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura "Unha bandada de contos".

19.00 h
No Centro Sociocultural da Trisca, os concelleiros María Pardo, Juan de la Fuente e Francisco Noya reúnense coas asociacións de veciños A Xuntanza e Amigos de San Pedro para explicar o proxecto de mellora da rúa de San Pedro.

19.30 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración da exposición "Galicia nos mapas antigos, cartografía nos fondos do Museo do Pobo Galego". Colección Clodio González Pérez.

20.30 h
No Paraninfo da Universidade, 'Concerto solistas 4', con alumnos do Curso Avanzado de Práctica Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais.

Compartir: