Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 2 de abril

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese co director do CEIP López Ferreiro, Lois Trigo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación da programación de teatro do mes de abril. Na rolda estarán Fran Godón, director e autor de "Faust Box", da compañía Ut-Tópico teatro, e Nelson Quinteiro, director da compañía Femme Fatale, coa obra "Masterclass cabaret", acompañados do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, que tamén presentará "Bodas de sangre", unha cita co teatro clásico.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Cámara de Comercio, a concelleira de Turismo e Economía, Reyes Leis, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do VI Foro Open Your Mind.

18.00 h
No Cersia, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, visita o curso de lingua galega CELGA 3, que organiza a Concellaría de Normalización Lingüística en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Compartir: