Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 17 de abril

10.30 h
No Centro Comunitario Xoán XXIII, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, visita os participantes no obradoiro de elaboración de pratos de cociña económicos dentro do Programa de competencia social e crecemento persoal organizado polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o embaixador de Kenia en España, Bramwel W. Kisuya.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista María Gómez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Educación, María Castelao, para presentar o programa "Conto viaxeiro".

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
Na Almáciga, a concelleira de Educación, María Castelao, visita a Escola Municipal de Música. Terá ocasión de coñecer diferentes actividades, o traballo desenvolvido nas distintas especialidades instrumentais, asi como as instalacións e o avance da programación deste último trimestre do curso; ademais de saudar ao equipo directivo e ao profesorado da Escola.

19.30 h
Na Casa do Cabido (praza das Praterías), o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, acompañado do vicepresidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, Francisco Loimil, inaugura a exposición A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela e a Exposición de 1858.

21.00 h
No Teatro Principal, 'Lugares extrañamente desastrosos', de Thomas Noone Dance (25 de abril día Internacional da Danza).

Compartir: