Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 12 de abril

9.30 e 12.00 h
No Teatro Principal, Tejido Abierto Teatro presenta 'Bodas de sangre' unha das obras máis representadas do teatro lorquiano en funcións escolares, dentro do Programa Didáctico.

10.30 h
No CEIP López Ferreiro, as concelleiras de Xuventude e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Educación, María Castelao, asisten á sesión do Certame de Teatro Intercentros de primaria organizado pola coordinadora comarcal de Normalización Lingüística e o Concello na que participan os colexios López Ferreiro, San Jorge, Lamas de Abade e Vite. Punto de encontro: entrada por Xoán XXIII.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar a I BTT Compostela, xunto con representantes do Club Ultreia.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, para presentar o programa "Imos coa asociación".

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, para presentar o programa "Xovesemprende".

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

17.00 h
No Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, clausura o curso de Fotografía en Acción.

21.00 h
No Teatro Principal, a banda Sidonie presenta o seu último traballo 'El Fluído García' no ciclo Íntimo e Acústico.

22.30 h
No Jazz Club Dado Dada, no VI ciclo 1906 Jazz, Giulia Valle Group.

Compartir: