Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 27 de marzo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Persoal, Amelia González, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
No Hotel Congreso, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, participa na Asemblea Xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.00 h
Na Colexiata de Sar, Eloqventia presenta Peregrinatio: cánticos e milagres no Camiño dentro do Festival de Músicas Contemplativas.

22.00 h
Na igrexa de San Bieito, as formacións de cámara da Real Filharmonía de Galicia presentan un dos clásicos do Barroco, as Variacións Goldberg de Bach, no Festival de Músicas Contemplativas.

23.00 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á Procesión dos Estudantes, con saída no Colexio das Orfas (rúa das Orfas, 5).

Compartir: