Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 26 de marzo

10.00 h
No Salón Verde, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e o reitor da USC, Juan Casares Long, manteñen unha reunión de seguimento do convenio de colaboración entre Concello e Universidade.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da sección sindical da CIG.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municial do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Muller, María Castelao, para presentar a iniciativa Capirote solidario pola igualdade, da Irmandade de Estudantes. Asisten por esta confraría Laura Brenlla, secretaria; e Sara Piñeiro, integrante da Xunta Directiva.

20.30 h
Na Igrexa de San Domingos de Bonaval, Zefiro Baroque Orchestra presenta Lamento e Paixón dentro do Festival de Músicas Contemplativas.

Compartir: