Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 21 de marzo

11.00 h
En Hostelería, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á presentación do programa gastronómico "Santiago pasión".

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Marta Álvarez-Santullano sobre asuntos de carácter local.

11.40 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo e Comercio, Reyes Leis, para presentar os Premios do Comercio 2013. Asiste Elena Fabeiro, xerente da Fundación Artesanía de Galicia.

12.15 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión e dos temas do pleno. Tamén dará conta dos actos con motivo da Hora do Planeta.

13.00 h
A concelleira de Educación, María Castelao, visita o CEIP Ramón Cabanillas e reúnese co seu equipo directivo.

16.00 h
No edificio municipal CERSIA (rúa Raimundo López Pol, s/n), Xornada sobre o cálculo e certificación da pegada de carbono, que se enmarca dentro das actividades de sensibilización sobre temas transversais relacionadas co emprego. Organizado pola Concellería de Emprego.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 28 de febreiro de 2013.
2. Proposta de rexeitamento de reclamacións contra acordo de aprobación inicial do expediente de modificación de ordenanzas de ingresos públicos 2012/01.
3. Resolución de alegacións e aprobación definitiva, se procede, do Regulamento da Policía Local.
4. Solicitude de compatibilidade para actividade pública secundaria de profesor asociado do voceiro do grupo municipal socialista, Don Francisco Reyes Santiás.
5. Modificación orzamentaria número 2013-CTO. EXTRAOR-09. Créditos extraordinarios e recoñecemento extraxudicial de crédito a favor de Servicios y Materiales, SA.
6. Proposta da alcaldía de designación de representante do Concello na Fundación Down Compostela.
7. Proposición do grupo municipal do BNG solicitando á retirada do anteproxecto da Lei de Administración Local.
8. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á defensa do mantemento da obra social de Novagalicia Banco.
9. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á denegación da renovación das axudas ás hipotecas.
10. Dar conta ao pleno do informe anual de queixas e suxestións.
11. Dar conta do informe de seguimento do Plan de Axuste, correspondente ao cuarto trimestre do ano 2012.
12. Dar conta de acordos da Xunta de Goberno Local polos que solicita á Xunta de Galicia subvencións para o financiamento dos servizos sociais comunitarios e de diversas escolas infantís municipais.
13. Dar conta de expediente informativo investigación interna xustificación realización de actividades por parte das asociacións de veciños de Santa Mariña de Verdía e Mestra Victoria Míguez de Vidán, para a concesión de subvencións de 2012.
14. Dar conta de resolucións da Alcaldía relativas a:
- Corrección da de 26 de febreiro de 2013 pola que se nomean Delegados da Alcaldía.
- Designación de membros do grupo municipal popular en Comisións de informe, estudio e proposta, de carácter permanente e especial e representantes en organismos supramunicipais, organismos autónomos, fundacións, sociedades mercantís con participación municipal e consellos sectoriais de actuación municipal.
15. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
16. Rogos e preguntas.
17. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

18.00 h
Na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, obradoiro de música co recoñecido zanfonista Germán Díaz.

19.30 h
Na nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago (Praza de Praterías), presentación do libro "Antonio López Ferreiro (1837-1910). Canónigo compostelano, historiador y novelista", editado polo Consorcio en colaboración con Alvarellos Editora.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, The Sixteen e a Real Filharmonía de Galicia presentan no Programa de Abono / Músicas Contemplativas, a inauguración do Festival de Música Contemplativas con unha das grandes obras da historia da música, o Requiem de Mozart.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Luar na Lubre que presentan o seu novo traballo 'Sons de Lubre nas Noites de Luar', en Íntimo&Acústico.

Compartir: