Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 20 de marzo

11.00 h
Na sala de prensa do Reitorado, a concelleira de Muller, María Castelao, asiste á presentación do libro "Diálogos de la cultura de la paridad. Reflexiones sobre feminismo, socialización y poder", do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo e Economía, Reyes Leis, para presentar o novo Observatorio Urbano do Concello de Santiago.

12.00 h
No Avío (Vista Alegre), o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Medio Ambiente, María Pardo, participa na plantación de árbores que realizarán os alumnos do CEIP de Vite con motivo da celebración do Día da Árbore.

12.00 h
No hotel San Francisco, as concelleiras de Educación, María Castelao, e de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asisten á presentación do programa "Paixón escolar", organizado pola Confraría de Estudantes.

18.00 h
O concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, participa na ruta "Os espazos claustrais I: San Domingos de Bonaval, visita e explicación dun dos espazos claustrais extramuros máis importantes de Santiago de Compostela. As súas características arquitectónicas e o uso do espazo na actualidade". Tamén se visita o Museo do Pobo Galego. Con saída da praza do 8 de marzo (na Porta do Camiño, ao comenzo da rúa de San Pedro).

19.00 h
No salón vermello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Medio Ambiente, María Pardo, fai entrega dos premios con motivo do Día da Árbore.

20.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste á II entrega de Premios Down Compostela, no marco do Día mundial da Síndrome de Down.

Compartir: