Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 16 de marzo

Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España
10.00 h
No Salón Noble do Pazo de Raxoi (Xunta de Galicia), o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibe os alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
10.30 h
No Salón Vermello (Concello), Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
12.30 h
No Salón Verde, encontro coa prensa dos alcaldes das Cidades Patrimonio. A continuación, foto de familia na praza do Obradoiro.
13.30 h
Visita á Cidade da Cultura

11.00 h
Con saída da praza de Galicia (diante do banco de Santander), ruta "o Castelo da Rocha: visita e explicación do Castelo da Rocha, rematando coa visita ao centro socicultural da Rocha e a súa exposición de olería". Dentro do programa educativo Cultura Viva, fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturai e Participación Cidadá.

12.15 h
Na rúa Santa Teresa de Jornet, nº19, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste á XI Convivencia familiar organizada por ASPAS.

17.00 e 19.30 h
No Teatro Principal, no programa Infantil&famliar "El Mago de Oz. El Musical", unha historia entrañable actualizada para o esixente público do século XXI que foi Premio Teatro de Rojas 2012 ao Mellor espectáculo familiar.

17.30 h
No Centro Sociocultural de Vite, nova cita co programa Imos ao baile, da Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais. Grupo Solymar. Entrada de balde.

Campionato de Europa de Rugby
18.00 h
No estadio multiúsos de San Lázaro, partido internacional de rugby entre España e Portugal, correspondente ao Campionato de Europa Torneo 6 Nacións B. Desde as 9.00 h, torneo para nenos en San Lázaro II.

20.30 h
Na Zona C, Escenas Poéticas (3) presenta dentro do ciclo Teatro&Danzao 'O Asombro' de Fantoches Baj, unha proposta escénica, poética, participativa e diversa especialmente deseñada para a Zona C. Últimas funcións.

20.30 h
Na Igrexa San Paio de Antealtares continúa Músicas Contemplativas. O pregón de Semana Santa rematará musicalmente coa actuación de grupos de cámara de alumnos da Escola de Altos Estudios Musicais cun concerto de alumnos dun Cuarteto de Cordas do curso avanzado de especialización orquestal.

21.00 h
Na Sede SGAE / Fundación Autor, concerto no Compostela Rock de McEnroe. A banda de Getxo acadou un estatus de grupo con soleira no que todos os seus discos son agardados con expectación. Os teloneiros serán The Soul Jacket.

Compartir: