Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 13 de marzo

11.00 h
Con saída da Porta do Camiño (ao lado da fonte), ruta "A cerca da cidade II: seguindo as pegadas dunha parte da muralla da cidade, coñeceremos algúns dos segredos de Compostela". Dentro do programa educativo "Cultura Viva, fai túa Compostela", promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Mercedes Rosón sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, para presentar os actos con motivo da celebración da Asemblea de Cidades Patrimonio e as xornadas Análise da aplicación das novas tecnoloxías á arqueoloxía. A problemática da divulgación, dentro do marco das cidades patrimonio.

12.15 h
Na casa do Concello, ROLDA DE PRENSA, do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, para presentar "O Crebanoces" de Chaikovski coa Banda Municipal de Música e Títeres con Sacha, dentro do ciclo Infantil e Familiar. Recomendado a partir de 3 anos, a entrada é gratuita ata completar aforo. Na rolda estarán tamén Xosé Carlos Seráns, director da banda, Larraite Urruzola, produtora, e José Luis López "Sacha", actor.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros Adrián Varela e Rebeca Domínguez para presentar a imaxe corporativa da Concellería de Xuventude.

12.30 h
Na Casa de Galicia de Madrid, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, presenta a programación da Semana Santa de Santiago 2013. Enviarase nota e foto.

12.45 h
Na praza do Obradoiro, preto de 300 nenos dos colexios de Santiago farán unha melé para promocionar o partido internacional das seleccións de rugby española e portuguesa que se celebrará este sábado no Multiúsos de San Lázaro. Participará o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, así como xogadores da selección española e corpo técnico e federativo.

21.00 h
No Teatro Principal, Coetus&Eliseo Parra presentan en Compostela o seu segundo álbum "Entre Tierras" no ciclo Sons13. Doce músicos que dotan aos instrumentos de percusión dunha linguaxe propia inspirada nos ritmos tradicionais e creando un diálogo activo entre eles e a voz.

Compartir: