Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 8 de febreiro

10.00 h
No salón de plenos do Concello da Coruña, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á Asemblea Xeral do Eixo Atlántico. Ás 16.00 h, asiste ao acto de entrega de medallas do Eixo Atlántico.

10.00 a 18.30 h
No campo de fútbol de Santa Isabel, Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas Femininas.

11.00 h
Na Zona C de Bonaval, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, xunto cos membros da compañía Voadora José Díaz, Marta Pazos e Hugo Torres para presentar 'Waltz', que se estreará dentro do ciclo Teatro&Danza. NOTA: Os actores representarán un breve fragmento da obra para que poidan recollelo os medios.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No CEIP de Vite, o concelleiro Albino Vázquez asiste ao desfile de disfraces do alumnado do colexio e á entrega dos premios das máscaras que se fixeron no obradoiro "PREPARANDO O ENTROIDO COS AVÓS E COAS AVOAS", dentro das actividades interxeracionais organizadas polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte xunto coa dirección e profesores do CEIP de Vite.

21.00 h
No Teatro Principal, Sudhum Teatro presenta 'Luminosa Nostalgia' dirixida por Gustavo del Río, dentro do ciclo Teatro&Danza. Con Nicolás Gaude, Rebeca Vecino, Denis Gómez e Sara Bautista.

Vive o Antroido
16:30h Lsc Bornais, "Imos correr o entroido".Recorremos a parroquia asustando aos veciños. Todos os públicos
17,30h LSC Rocha, Merenda de Entroido. Todos os públicos
18,00h LSC Pontepedriña, "Superheroes". Elaboración de disfraces para a comparsa. Todos os públicos
18.30h Csc Fontiñas, Ludoarte. Artes plástico aplicado a elaboración de máscaras e disfraces. Maiores de 5 anos
18,30-21,00 h Csc do Castiñeiriño, Lego Antroido. Elaboración de disfraces para a comparsa. Todos os públicos
18:00 h Csc Vite, "Superheroes". Elaboración do disfrace para a comparsa de Superheróes. Tódolos Públicos
19,00h Lsc Casco Histórico, "Superheroes" Elaboración de disfraces e máscaras para a comparsa
17.00h Csc Conxo, "Seres Mitolóxicos". Elaboración de disfraces para a comparsa do Csc de Conxo. Todos os públicos
18.00h Csc Sta Marta Xuntanza final dos "Superheroes", Xuntanza cos participantes na comparsa do entroido. Todos os públicos
18.00h Csc O Ensanche, "Obradoiro de Maquillaxe" Nenos/as

Compartir: