Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 28 de febreiro

11.30 h
No Teatro Principal, Función didáctica de 'O home almofada', un thriller de Martin McDonagh con Il Maquinario Teatro. Dirixido por Tito Asorey está enmarcado no Programa Didáctico.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro Luis Bello para facer balance da xestión á fronte da Concellería de Medio Rural.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
No salón de plenos do Concello de Padrón, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á sinatura do convenio coa Fundación Ruta Xacobea para poñer en valor a ruta xacobea Mar de Arousa e Ulla.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do día 31 de xaneiro de 2013.
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 31 de xaneiro de 2013.
3. Renuncia ao cargo de concelleiro de Don Albino Vázquez Aldrey.
4. Toma posesión do cargo de concelleiro do grupo municipal do Partido Popular, Don Luís Meijide Rodríguez.
5. Resolución de alegacións, e aprobación definitiva, se procede do Regulamento de venda ambulante.
6. Aprobación inicial do plan de emerxencia municipal.
7. Rectificación de erro no acordo de aprobación inicial da modificación do cadro de persoal para o ano 2012.
8. Concesión de medallas e galóns de méritos do Corpo da Policía Local.
9. Corrección de erro en nome de rúa.
10. Modificación orzamentaria núm. 2013-SUPLE-8. Suplemento de crédito "xestión e servizo da escola municipal de Salgueiriños".
11. Proposición do grupo municipal do BNG relativa á creación dunha comisión de seguimento do Código de bo goberno.
12. Dar conta de diversas resolucións da Alcaldía.
13. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
14. Rogos e preguntas.
15. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

21.00 h
No Teatro Principal, 'O home almofada', un thriller de Martin McDonagh con Il Maquinario Teatro. Dirixido por Tito Asorey está enmarcado no ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixido por Paul Daniel con Renaud Capuçon, violín. .

21.00 h
Na Zona C, concerto de The New Raemon que presenta o seu novo disco 'Tinieblas, por fin' dentro do ciclo Íntimo&Acústico.

Compartir: