Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 24 de febreiro

10.00 h
Na praza de Vigo, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto organizado pola Fundación Rosalía de Castro con motivo do aniversario do nacemento da poeta. Ás 12.00 h, asiste ao acto que co mesmo motivo se celebra en Padrón. Asisten tamén os concelleiros María Pardo, Amelia González, Luis Bello e Rebeca Domínguez.

16.00 h
En Santa Isabel, primeiro partido de fútbol americano que se celebra no concello de Santiago e que enfronta aos Black Ravens e aos Warriors.

18.30 h
No Teatro Principal, Matreska Teatro presenta 'O guiso' dentro do ciclo Infantil&Familiar.

19.30 h
Na Zona C, Voadora presenta 'Waltz' dirixida por Marta Pazos dentro do ciclo Teatro&Danza. Con Marta Pazos, José Díaz e Hugo Torres.

Compartir: