Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 19 de febreiro

10.15 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, 'Fantasía Animada', concerto Didáctico da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese co
presidente do Santiago Futsal, Ramón García Fernández, co
vicepresidente, Lalo Foira, e co director xeral, Miguel Fernández.

12.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e de Roberto Cordovani e Bruno Portela, da Compañía Internacional de Teatro Arte Livre, para presentar a estrea absoluta de 'Divina Garbo' os días 20, 21 e 22 no Principal dentro do ciclo Teatro&Danza.

12.00 h
No Reitorado da USC, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á presentación do libro "Santiago de Compostela no século XVI", de Antonio Cepeda Fandiño.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, e do arquitecto César Coll para presentar o proxecto da cafetería da Alameda.

19.00 h
No CSC do Ensanche, o concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, inaugura a exposición "Entre viñetas. Relatos e soños gráficos do IES de Sar". Esta mostra exhibe os resultados do Curso de Iniciación ao Cómic realizado en 2012 por alumnos de Bacharelato Artístico do IES de Sar. O seminario foi impartido polo artista Miguel Ángel Vigo Baleirón.

19.30 h
No local social do Romaño, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese coa asociación de veciños Ponto de Romaño.

20.00 h
I Xornadas de órgano Mariano Tafall
Biblioteca do conservatorio, Conferencia Patrimonio organístico por Andrés Díaz e Belén Bermejo.

Compartir: