Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 8 de novembro

9.15 h
No Auditorio de Novagalicia Banco, a concelleira de Economía, Reyes Leis, inaugura "Feeling Brands" Primeira Conferencia Internacional da Experiencia do Cliente.

10.30 h
No Hostal, a concelleira de Comercio, Reyes Leis, asiste á inauguración do VII congreso "Turismo e Comercio, a súa influencia no mantemento e xeración de emprego nas cidades de España", de Compostela Monumental

12.00 h
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, visita o parque de Pontepereda coa asociación de veciños Conxo Aberto.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro da Brigada de Vías e Obras e Xestión Ordinaria de Servizos Básicos, Juan de la Fuente, sobre asuntos da súa área.

13.30 h
No bar Agdelo (Fernando III O Santo, 8), o alcalde compostelán, Ángel Currás, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, e varios concelleiros participan no comezo do programa Santiago (é)tapas.

17.00 a 20.30 h
Semana de Agustín Magán Blanco
No CSC de Santa Marta, obradoiros para nenos/as en torno á figura de Agustín Magán e a historia de Ditea.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto co concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á gala dos IV Premios Galicia á Xestión Deportiva. Con carácter previo á gala, ás 18:30 horas, Luis Solar, presidente da Federación de Asociacións de Xestores Deportivos de España (FAGDE) impartirá a conferencia "É rendible a pedagoxía para o fútbol español. Experiencia do Atlhetic Club".

20.30 h
No Centro Sociocultural de Santa Marta (Sala Agustín Magán), Compostela Cine Classics 2013: Os xoves, milagre, de Luis G. Berlanga. A continuación, café con cine coa blogueira e investigadora Ana Gontad Fontán.

20.30h
Na Zona C, Funboa Teatro presenta 'Sigue buscando' dentro do ciclo Teatro&Danza.

Cineuropa
TEATRO PRINCIPAL
20:30 LE WEEK-END Roger Michell
22:30 JEUNE ET JOLIE (Joven y bonita) François Ozon
00:15 PARADIES: HOFFNUNG (Paradise: Hope) Ulrich Seidl
SALÓN TEATRO
20:00 PORTE APERTE (Puertas abiertas) Gianni Amelio
22:00 UN BORGHESE PICCOLO PICCOLO (Un burgués pequeño, muy pequeño) Mario Monicelli
00:15 VIC+FLO SAW A BEAR Denis Côté
CGAC
17:00 IL BIRICHINO DI PAPÀ (El pícaro de papá) Raffaello Matarazzo
18:30 IL BANDITO (El bandido) Alberto Lattuada
20:00 LES DESTINÉES SENTIMENTALES Olivier Assayas

Compartir: