Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 7 de novembro

11.00 h
Na Zona C, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou para presentar a estrea absoluta de 'Sigue Buscando' de Funboa Escénica. Na rolda estará tamén Cristina Balboa, directora e intérprete do proxecto.

11.30 h
No Restaurante Enxebre do Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación da VI EDICIÓN DE SANTIAGO(é)TAPAS.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista Gonzalo Muíños, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o embaixador de Cuba en España, Eugenio Martínez Enríquez.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

14.00 h
No salón de actos do centro comercial Área Central, a concelleira de Emprego, Reyes Leis, asiste á clausura da Xornada de Emprendemento e Innovación.

19.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Educación, María Castelao, fai entrega do V Premio Internacional Compostela de álbums Ilustrados.

20.00 h
No salón de actos do Colexio médico de Santiago (rúa de San Pedro de Mezonzo, 39, baixo), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao inicio do curso da Academia Médico-quirúrxica.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, Convers@ndo con... José Luis Losa e Ángel Luis Hueso.

20.30 h
No Salón Teatro, 'Adivinhe quem ven rezar' de Dib Carneiro Neto dentro do ciclo Teatro&Danza.

20.30 h
Na Zona C, Funboa Escénica presenta a estrea absoluta de 'Sigue Buscando'. Con Cristina Balboa e Estevo Azaña, dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Rosendo (que presenta o seu disco 'Vergüenza torera') + Ludovico dentro do ciclo Compostela Rock e Cineuropa Concerto.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia: 'Un perro andaluz' (Luis Buñuel&Salvador Dalí) para inaugurar a 27ª edición de Cineuropa. Con Maximino Zumalave, director, e Claudio Martínez Mehner, piano.

Compartir: