Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 30 de novembro

A partir das 9.00 h
No Hotel Oca Puerta del Camino, I Congreso Nacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero, organizado pola Concellería de Benestar Social. Ás 13.00 h, clausura do Congreso. http://congresovxsantiago.com/programa/sabado-30/

12.00 a 13.30 h
No Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC. Belvís), roteiro polo parque para descubrir os seus valores ambientais e sociais.

17.30 e 19.00 h
Na Zona C, Trompicallo presenta 'Jiñol' dentro do Programa Infantil&Familiar.

17.30 h
En Angrois, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura o cruceiro en recordo das vítimas do accidente do Alvia acaecido o 24 de xullo. A continuación, magosto organizado pola asociación de veciños.

17.30 h
No CSCX do Ensanche, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asiste ao cásting do programa Compostela Actúa.

18.30 h
Na rúa Torrente (Conxo), o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asiste á inauguración do Belén de Conxo.

20.30 h
No CGAC, concerto de Amatorski do festival Sinsal e enmarcado en Sons'13 e Cineuropa Concerto.

21.30 h
Na sala Capitol, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asiste ao concerto final do Certame Músicaxove

Compartir: