Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 28 de novembro

9.30 h
No Hotel Oca Puerta del Camino, o alcalde compostelán, Ángel Currás; xunto co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o valedor do Pobo, José Julio Fernández Rodríguez; e a concelleira de Benestar Social, María Castelao, inaugura o I Congreso Nacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero, que se celebrará os días 28, 29 e 30 de novembro.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente, María Pardo, para presentar o contrato de mantemento dos parques e xardíns da cidade.

12.00 h
No Cersia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a Feira de Intermediación o Emprego, xunto coa concelleira de Economía e Emprego, Reyes Leis.

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; o director de Cineuropa, José Luis Losa; e o cineasta Albert Serra, que recibirá o premio Cineuropa esta mesma tarde.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 31 de outubro de 2013.
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria e urxente do día 4 de novembro de 2013.
3. Dar conta da información recibida no Concello en relación ás preferentes.
4. Proposta da Alcaldía para designar co nome de "Saxo Tenor" unha praza no Barrio de Vista Alegre.
5. Aprobación definitiva da modificación puntual do plan especial de reforma interior de Concheiros-Cotaredo-San Lázaro na rúa do Valiño (números 25 a 31).
6. Aprobación inicial da modificación da ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar.
7. Aprobación inicial da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar.
8. Recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 1.047.504,90 euros.
9. Proposición do grupo municipal do BNG relativa á prestación dun servizo de calidade nas escolas infantís.
10. Dar conta de informe de morosidade correspondente aos tres primeiros trimestres do ano 2013.
11. Dar conta de persoamentos, sentenzas e outras incidencias en recursos contencioso-administrativos.
12. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
13. Rogos e preguntas.
14. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.00 h
No Colexio de Avogados de Santiago, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, participa na VII xornada "Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización".

19.45 h
No Teatro Principal, o director de Cineuropa, José Luis Losa, entrega o Premio Cineuropa a Albert Serra. A continuación poderemos ver o seu filme 'Història de la meva mort' e Serra manterá un coloquio co público sobre o mesmo.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, Convers@ndo con... Pablo Mielgo.

20.30 h
No Pazo de San Lourenzo, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de entrega do Premio á excelencia empresarial que o Club Financiero outorga a Jesús Alonso Fernández e Grupo Jealsa.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia con Pablo Mielgo, dirección e piano, dentro do programa de abono. .

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Fuel Fandango que presentan o seu novo disco 'Trece lunas' dentro de Compostela Rock e Cineuropa Concerto.

Cineuropa
TEATRO PRINCIPAL
16:15 I CENTO PASSI (Cien pasos) Marco Tullio Giordana
18:00 O QUINTO EVANXEO DE GASPAR HAUSER Alberto Gracia Presencia en sala e debate co seu director, Alberto Gracia
19:45 PREMIO CINEUROPA: ALBERT SERRA HISTÒRIA DE LA MEVA MORT (Historia de mi muerte) Albert Serra presentación e debate co seu director Albert Serra
23:00 THE CONGRESS Ari Folman
SALÓN TEATRO
16:30 BILBAO Recuerdo de Bigas Luna Premio cineuropa 2003
19:00 CAPRICE DE DIEUX comentada por Xosé Manuel Fernandez
21:00 TIAN ZHU DING (A TOUCH OF SIN) (Un toque de violencia) Jia Zhang Ke
23:15 THE KENNEDYS (descanso de 15 ‘) Jon Cassar
CGAC
16:00 THE TRIAL OF LEE HARVEY OSWALD (TV) (El juicio de Lee Harvey Oswald) Gordon Davidson, David Greene
21:15 JACQUELINE BOUVIER KENNEDY Steve Gethers
CENTRO CULTURAL FUND. NOVACAIXAGALICIA
17:00 PT 109Leslie H. Martinson
19:30 LUNGA VITA ALLA SIGNORA (Larga vida a la señora) Ermanno Olmi

Compartir: