Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 2 de novembro

A partir das 17.30 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, nova cita co programa das Concellarías de Centros Socioculturais e de Participación Cidadá "Imos ao baile 2013". Sesión amenizada polo grupo Enclave. A participación é de balde

A partir das 18.00 h
No CSC de Conxo, II Festa das Cabazas.

19.30 h
En Área Central, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste ao segundo Campionato Galego de Breakdance "Santiago Street Battles".

20.30 h
Na Zona C, Rober Bodegas&Alberto Casado presentan 'Entremeses' (sketches en directo) dentro do ciclo Falabaratos.

Compartir: