Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 7 de outubro

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese co director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar 'Imprudentemente Deseé' de Teatro Ensalle e 'visor', con Antía Otero e Isaac Garabatos xunto a Pedro Fresneda, director da compañía Teatro Ensalle.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

21.00 h
No CSC de Pelamios, o concelleiro de Mobilidade, Luis Bello, reúnese coa asociación de veciños de Vista Alegre-Pelamios.

Compartir: