Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 30 de outubro

11.30 h
Na Cámara de Comercio, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e do vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago, Evaristo Rodríguez,
para presentar a XIV edición do Premio Manuel Beiras.

12.00 h
Na igrexa de San Martiño Pinario, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de inauguración da nova iluminación da igrexa, museo e claustro de San Martiño Pinario.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, María Castelao, para presentar o Campionato de Breakdance SANTIAGO STREET BATTLES.

13.00 h
No Museo das Peregrinacións, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a exposición fotográfica "Santiago-Kumano, rutas de peregrinación patrimonio da humanidade".

17.30 h
Na Casa das Asociacións de Benestar Social (Salgueiriños), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, preside o Consello sectorial de Benestar Social.

20.30 h
No Paraninfo da Universidade, concerto de Marcos Escobar, violín, e Berta Fresco, piano, baixo o nome 'Cántiga, catro compositores galegos de hoxe' dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

21.00 h
No Teatro Principal, 'Sexpearamente' con Santiago Molero e Rulo Pardo, dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Carvin Jones Band que presenta o seu novo disco, dentro do ciclo Blues Nite.

Compartir: