Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 28 de outubro

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao almorzo informativo organizado por Fórum Europa Tribuna Galicia no que participa como ponenteo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.

10.30 e 12.00 h
Na Zona C, Teatro da Semente presenta 'Viaxe a Dadá', dentro do Programa Didáctico.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG, Rafael Vilar, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, María Castelao, e do presidente do Santiago Futsal, Ramón García, para presentar a II Festa da Familia, que se celebrará o venres 1 de novembro no Multiusos Fontes do Sar.

19.00 h
No Casino (rúa do Vilar, 35), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á presentación do libro "La saga Courtier en Galicia", de Beatriz e Alberto Cancela Montes, coeditado polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora.

20.30 h
No CGAC, Sonor Ensemble presenta 'Música e poesía, a roda do tempo' dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: