Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 18 de outubro

10.30 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, e destinado a centros educativos, o Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) presenta 'George Crumb, a voz das baleas...', nas Xornadas de Música Contemporánea.

11.30 h
Na casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Ángel Currás; do director do gabinete de Presidencia de NCG Banco, Santiago Novoa; e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; para presentar a programación que o Concello celebrará no Auditorio Novagalicia do Preguntoiro tras a sinatura dun convenio entre o Concello e a entidade que permite incorporar este Auditorio á rede municipal de espazos culturais.

12.00 h
No Salón Verde, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asina os convenios de colaboración coas seguintes entidades: Asociación Down Compostela, Albergue Xoán XXIII, Cáritas diocesana Santiago (programa de atención primaria), Banco de alimentos, Cruz Vermella e Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

17.30 h
No Salón Nobre, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe a xunta directiva de FREMAP.

20.30 h
No Centro Sociocultural de Santa Marta (Sala Agustín Magán), Compostela Cine Classics 2013: Náufragos, de Alfred Hitchckock. A continuación, café con cine co presentador e cronista cultural Carlos Roma.

20.30 h
No CSC de Conxo, Xornadas micolóxicas: ALGÚNS COGOMELOS BOS COMESTÍBEIS. Conferencia impartida por José María Costa Lago, da Asociación Micolóxica "Pan de Raposo".

20.30 h
No Teatro Principal, concerto inaugural das Xornadas de Música Contemporánea 2013 coa Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), o programa inclúe unha estrea de Buide e a Cuarta de Mahler.

20.30 h
Na Zona C, 'O país do Pato Donald' pola compañía Lagarta Lagarta, unha reflexión profunda sobre a derradeira estación da vida dun profesor de literatura, ás en Teatro&Danza.

Compartir: