Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 17 de outubro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, María Castelao, para presentar o programa pedagóxico para escolares Aula de Patrimonio.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
No Salón Verde, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asina os convenio de colaboración coas seguintes asociacións: ACEM, Voluntarias de la Caridad-San Vicente de Paúl, Cociña Económica, Cáritas Diocesana de Santiago (programa Vagalume), FEAFES Galicia e Asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos de Enfermos Mentais.

16.45 h
No IES de Sar, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, visita o obradoiro de inciación á pintura do Bacharelato Artístico.

19.00 h
Nas instalacións do CEIP Apóstolo Santiago, primeira sesión do Curso de Preparación para a obtención do Graduado en Educación de Adultos, organizado pola Fundación Radio ECCA en colaboración co Concello de Santiago. Esta xornada, de carácter informativo, está aberta a todas aquelas personas interesadas en coñecer os contidos do curso, os materiais, a matrícula e a metodoloxía de traballo.

19.30 h
No Centro Xuvenil do Ensanche, charla "Perigos na rede", impartidas por EWC-ASIF, especialistas en seguridade informática. Organizada pola Concellería de Centros Socioculturais.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, inicio da temporada do programa de abono. O primeiro concerto da Real Filharmonía de Galicia contará coa soprano Isabel Rey e Quico Cadaval como narrador. O programa inclúe obras de Octavio Vázquez, Gustav Mahler e Ludwig van Beethoven.

21.00 h
No Teatro Principal, Luís Emilio Batallán, autor dun dos discos máis notables da música galega de todos os tempos: ‘Aí vén o maio’, presenta 'Había que chegar', no Íntimo&Acústico.

20.30 h
Na Zona C, 'O país do Pato Donald', pola compañía Lagarta Lagarta, unha reflexión profunda sobre a derradeira estación da vida dun profesor de literatura, en Teatro&Danza.

Compartir: