Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 18 de setembro

10.30 h
Na cafetería do Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés), ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o XXII Día da Bicicleta.

11.00 h
No Salón Verde da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Curras, e o director xeral da Asociación Nacional para a Defensa da Marca (ANDEMA), José Antonio Moreno Campos, asinan un convenio de colaboración para mellorar o coñecemento, a formación e a sensibilización dos dereitos de propiedade industrial, con especial relevancia das marcas e do comercio local.

11.30 h
No Teatro Principal, representación de Silencio...Vivimos, de Adolfo Marsillach, no marco do Programa interactivo de teatro para persoas con discapacidade.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA, do alcalde compostelán, Ángel Currás, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o XIII Ciclo de Lied, que se celebra do 21 ao 29 de setembro.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, sobre asuntos da súa área.

Compartir: