Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 17 de setembro

10.30 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Emprego, Paula Prado, reúnese coa directora de Recursos Humanos de Primark España, Juana Rodero. (SÓ GRÁFICOS).

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese co xerente do Xacobeo, José Paz. Declaracións ao remate.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, para presentar a función en Santiago do Programa interactivo de teatro para persoas con discapacidade, Silencio...Vivimos, de Adolfo Marsillach. Asisten tamén a concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, e a actriz Blanca Marsillach.

12.15 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, asisten á xornada de portas abertas na Escola Infantil de Salgueiriños, que se desenvolverá entre as 11:30 e as 19:30 horas.

Compartir: