Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 8 de agosto

12.00 h
Na rúa Berlín, a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, realiza unha visita ás hortas das Fontiñas.

Verán na rúa

19:30 Praza de San Martiño Pinario
GRUPO ELECTRÓGENO
"Comedia circense"
Arxentina. Circo, acrobacias e malabares. A partir de 3 anos
Os gañadores de Festiclown 2009 cun espectáculo de circo moi variado e de altísimo nivel cun ritmo trepidante que non ten un só momento de descanso.

Compartir: