Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsions informativas para o martes 7 de agosto

11.00 h
Na Casa do Concello, a alcaldesa en funcións, Reyes Leis, e a concelleira María Castelao reciben a representantes do Real Colexio Maior de San Bartolomé e Santiago da Universidade de Granada.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

Verán na rúa

19:30 Praza da Quintana
CHIMICHURRI
"Cualquier verdura"
Alcorcón (Madrid). Circo, equilibrios. A partir de 3 anos.
No mundo todo está en equilibrio, as persoas ás veces non. Así é Rafael Dante, o seu desequilibrio aseméllase ao de calquera persoa.

Compartir: