Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 24 de agosto

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, asinan un convenio para a conversión da antiga curtidoría de Pontepedriña de Arriba no Centro Nacional de Formación en materia de Rehabilitación da Fundación Laboral da Construción. SÓ GRÁFICOS.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, visita o Centro de Formación Ocupacional de Sanxuás de Aríns, onde se están a realizar dúas accións formativas.

Verán na rúa
19:30 Praza da Quintana
CAPITÁN MARAVILLA
"Capitán Maravilla"
Madrid. Clown. Todas as idades.

Compartir: