Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 23 de agosto

9.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, reciben a Copa do Mundo e as dúas Eurocopas logradas pola Seleccion Española de Fútbol en 2008 e 2012, que poderán ser visitadas polos cidadáns dende as 9.30 ás 14:00 e dende as 16:00 ás 19.00 horas na sala anexa á sala de prensa do Concello.

12.00 h
Na avenida Xoán XXIII, as concelleiras Amelia González e Paula Prado asisten á apertura da procesión hindú que percorrerá as rúas e prazas do Casco Histórico e na que os participantes tocarán diversos instrumentos tradicionais da India. A primeira parte do percorrido comprenderá Xoán XXIII, San Francisco e praza do Obradoiro.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

Verán na rúa
19:30 Praza de San Martiño Pinario
WILBUR
"Wilbur"
Madrid. Acrobacias. A partir de 3 anos

22:30 Praza de Mazarelos
Curtocircuito na rúa
Programa: Panorama Galicia

Compartir: